ACTIVIDADES DE CONCILIACIÓN
A Secretaría Xeral de Igualdade, pertencente a Consellería de Emprego e igualdade da Xunta de Galicia, ven de conceder duas subvencións o Concello de O Irixo mancomunado co Concello de San Amaro, para os seguintes programas:
- Programa Concilia (impartido nas instalación do colexio de O Irixo), que engloba familias madrugadores e atención os cativos/as despois do horario escolar e ata as 8 da tarde.
- Campamentos de Nadal, Semana Santa e Verán (impartido nas instalacións do colexio de San Amaro), para facilitar a conciliación das familias en épocas non escolares.
- Actividade de sensibilización, información e difusión sobre a igualdade e prevención contra as mulleres. Coa realización de duas andainas, unha no concello de San Amaro e outra no concello de O Irixo, ambas organizadas baixo o lema “Camiña pola igualdade”
Mellora de camiño entre A Rúa e Alemparte – parroquia de Loureiro
O Concello de O Irixo rematou as obras de Mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas (2020-2021, AGADER), no lugar de Alemparte (Loureiro); grazas a medida 4.3 do PDR de Galicia 2014-2020. Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021.
Con un investimento de 43.155,85 €, dos cales recibiu dos fondos FEADER 35.665,99 €
RENOVACIÓN ALUMEADO PÚBLICO
Co fin de mellorar a eficiencia enerxética, e con elo reducir o consumo de enerxía final e emisións de CO2 procédese a sustitución das actuais luminarias por outras de maios eficacia e con equipos de regulación e control, nos pobos de Alemparte, A Rúa, Alén, Lousado, Barro, Outeiro, Campeliños, Vilameá, Enfesta, Eirexe, Coucieiro, Bugalleira, Bugalleira de Arriba, Saavedra, Souteliño, Matelo e A Estación.
Proxecto financiado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER), Economía baja en Carbono.