Turismo
Vive o Patrimonio Natural e Cultural en O Irixo.
Abre ben os ollos ante as propostas que che presentamos. O municipio ofrece a posibilidade de achegarnos ao seu pasado cun percorrido polos castros de Corneda, Orros e Souteliño, probas de poblamientos de fai miles de anos.
Por outra banda, son varias as igrexas parroquiais que completan a oferta cultural que presenta O Irixo: Igrexa de Santo Estevo de Cangues, as igrexas de San Xoán de Froufe, Santa María do Campo, a parroquial de Reádegos e Santiago de Corneda, todas elas barrocas de considerable riqueza ornamental nas fachadas.
A arquitectura relixiosa está representada tamén no municipio por distintos cruceiros e algún peto de ánimas en Loureiro, que por outra banda, proban a tradición canteira da zona.
Castros, igrexas, arquitectura relixiosa...
Galería de fotos
Entroido
O Entroido é, desde tempo inmemorial, un momento de transgresión, de risa, de música e de espectáculo. O Concello de O Irixo quere manter vivas as tradicións dos devanceiros e apoia a celebración de festas arraigadas no noso pobo. Como tódolos anos, organizou o xa tradicional e vistoso desfile polas rúas da capitalidade municipal, no que participaron máscaras e comparsas do noso concello e da comarca, acompañados por un nutrido grupo de cabalistas.