SAÚDO

ALCALDESA
BENVIDOS/AS AO
CONCELLO DE O IRIXO

Benvidos á páxina web do Concello do Irixo, un pobo cunha situación xeográfica privilexiada, estamos no centro de Galicia nun ambiente rural, natural e tranquilo.

Como alcaldesa do noso pobo quero mandarvos un cordial saúdo e convídovos a coñecelo.

Queremos que esta páxina sexa un lugar de referencia para os nosos veciños e visitantes, un lugar de información e transparencia onde poidades facer trámites que vos faciliten o día a día, un medio para dar un mellor servizo, achegarnos, así como resolver dúbidas ou consellos que queirades compartir, fomentando a participación de todo o mundo.

Tamén é un medio para darvos todo tipo de información municipal sobre o Colexio, Centro de saúde, Empresas así como promocionar Actividades, Cultura, Deportes Festas… e entre todos facer un Irixo mellor.

O noso obxectivo é ir evolucionando grazas ás vosas suxerencias e opinións.

Sempre á vosa disposición

Susana Iglesias, Alcaldesa

Contáctanos:

Concello de O Irixo - Desarrollado por SOC - Smile & On Fire Comunicación © 2024. Todos os Dereitos Reservados