Hoxe celebramos o nacemento de Rosalía de Castro fai xa 187 anos.
A nosa querida Rosalía foi unha destacada poetisa e novelista galega, nada no 1837 en Santiago de Compostela. É considerada unha das figuras máis importantes da literatura galega e unha precursora do modernismo.
A súa obra, escrita tanto en galego coma en castelán, caracterízase pola súa profunda sensibilidade, a conexión coa natureza e o compromiso cos problemas sociais da súa época.
Por iso hoxe, os nenos e nenas do colexio de O Irixo sairon á rúa para recitarnos aos veciños algúns dos seus poemas.