Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

Hoxe, 25 de novembro, conmemórase o Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.

A violencia contra as mulleres é unha das problemáticas sociais máis estendida e devastadora do mundo. Estímase que, ao menos, unha de cada tres mulleres sofre violencia ó longo da súa vida. Acabar con esta lacra global require esforzos para combatir a discriminación, consecuencia de actitudes patriarcais.

Sabemos que a educación, en tódolos seus niveis, é unha ferramenta fundamental para a prevención deste tipo de violencia. Dende o Concello de O Irixo seguiremos levando a cabo tódalas medidas necesarias para contribuír a erradicar esta gran problemática social.

Aquí vos deixamos unha imaxe de onte no curso de defensa persoal. Nel practicamos técnicas para poder defendernos en situacións reais de perigo. Ademais de saber cómo superar o medo paralizante que deixa unha situación de maltrato, mellorando a autoestima e confianza en nós mesmas.

Hoxe ás 16.30h na Casa do Concello contamos cun contacontos sobre a igualdade ao que estades todos invitados a vir en familia.

Agardámosvos!

Compartir:

Facebook
Twitter
LinkedIn
MÁS NOTICIAS

MÁS NOTICIAS

Obradoiro emprego Arrieiros III

Onte celebrouse o acto de remate do obradoiro de emprego Arrieiros III, celebrado nos concellos de Piñor, Cea e O Irixo, coa entrega de diplomas

Día Mundial Contra o Cancro

💚 Hoxe conmemórase o Día Mundial Contra o Cancro, centrado no lema “Por uns coidados máis xustos”. Este lema fai referencia ás barreiras que enfrontan

GRUPO de WhatsApp do CONCELLO

Xa está dispoñible o acceso ao Grupo de Comunicacións do Concello de O Irixo! A través de WhatsApp, informarémosvos de todas as novedades, actividades, avisos

Concello de O Irixo - Desarrollado por SOC - Smile & On Fire Comunicación © 2023. Todos os dereitos reservados.