Xa non falta nada para o Entroido‼ Esperámosvos a todos o sábado 18 de febreiro a partir das 17:00h no Pavillón Municipal.
Haberá desfile de comparsas con saída dende o Centro de Saúde. Os que queiran participar poden anotarse no Concello e chamar para pedir máis información.
Moita festa e troula con música a cargo do Trío Azar ata que o corpo aguante. Tamén teremos unha chocolatada ao remate para repoñer forzas.