O programa “Mellor Acompañad@s, formación en novas tecnoloxías” ten como obxectivo fomentar a autonomía e a independencia das persoas maiores.
As actividades formativas que se levarán a cabo teñen como fin que as persoas maiores de 65 anos sexan capaces de desenvolverse cun caixeiro automático, utilizar o teléfono móbil, as máquinas de quendas dos hospitais e operar na aplicación do Sergas.
ℹ️ Inscríbete presencialmente na Casa do Concello ou chamando ao ☎️ 988287400.