Dende o Concello de O Irixo, en colaboración co Servizo de Atención Primaria do Carballiño, ofertámosvos un obradoiro de alimentación saudable e menú equilibrado.
Terá lugar o luns día 22 deste mes de xaneiro ás 10:00h na Casa do Concello.
Aprenderás a comer dunha forma saudable, aclararás tódalas túas dúbidas sobre esta temática e coñecerás pautas para comer dunha forma saudable.
Grazas a este tipo de obradoiros adquirimos os coñecementos necesarios para previr moitas enfermidades e gañar calidade de vida.
Por un Irixo saudable! Agardámoste!