Data
5 de Marzo de 2024
Hora
16:00 - 18:00
Localización
Casa do Concello

Dende o Concello de O Irixo, en colaboración co Servizo de Atención Primaria do Carballiño e o Centro de Saúde de O Irixo, ofertámosvos un obradoiro de primeiros auxilios para persoas coidadoras.

Terá lugar o martes día 5 de marzo ás 16:00h na Casa do Concello.

Adícaste ao coidado de persoas maiores? Estás coidando dun familiar na túa casa? Pois este obradoiro é para ti! Para evitar complicacións maiores e saber como actuar ante situacións de risco tales como:

▪️ Ictus

▪️ Hipo e hiperglucemia

▪️ Traumatismos e hemorraxias

▪️ Epixtasis

▪️ Síncope

▪️ Atragoamento

▪️ Parada cardio respiratorio

▪️ Reacción alérxica

Por un Irixo saudable! Agardámoste!

Anterior Gran desfile e festa de Entroido de O Irixo

Deixa o teu comentario

Concello de O Irixo - Desarrollado por SOC - Smile & On Fire Comunicación © 2023. Todos os dereitos reservados.