O vindeiro martes día 9 de abril, teremos no Concello unha charla sobre os programas e servizos da Asociación Española Contra o Cancro en Ourense.
🗣️ A encargada de conducir esta exposición será Rocío Taboada, traballadora social da Asociación.
🕑 11:00h
📍 Salón Multiusos da Casa do Concello de O Irixo
É unha oportunidade única para informarte con respecto á labor que desenvolve a AECC e crear unha maior concienciación sobre a importancia desta enfermidade.
ℹ️ Se precisas máis información podes porte en contacto co Concello a través do 988 28 74 62, ou de forma presencial.