A partir do 11 de setembro chega a O Irixo o programa Entrenando as cabeciñas, organizado pola Mancomunidade de Condellos do Carballiño. Son talleres de estimulación cognitiva para persoas maiores de 50 anos.
Traballaranse áreas tan importantes como a linguaxe, a memoria, o cálculo, a estimulación cognitiva, a atención e funcións executivas… ect. Celebraranse en sesións dunha hora de duración os martes de 10:00 a 11:00 horas da mañá.
O obxectivo é fomentar o envellecemento activo e saudable, exercitando as capacidades cognitivas e psicomotrices para loitar contra o deterioro vinculado ó avance da idade.
Se queres participar, podes anotarte a través do correo do Concello: info@irixo.gal ou no teléfono 988 287 400.