O municipio ourensán de O Irixo, un dos municipios máis extensos de Ourense cunha superficie de 121 km², está situado ao noroeste da provincia e servindo de límite coa provincia de Pontevedra.
A súa orografía está determinada polo contraste da montaña e os valles cubertos istes por densas e tupidas masas de coníferas e algunhas especies autóctonas.
Os picos montañosos máis altos son o pico de Uceiro con 1.003 metros nos Montes do Testeiro e o Pico Seco, con 935 metros de altura na Serra do Faro.
O municipio ofrece a posibilidade de achegarnos ao seu pasado cun percorrido polos castros de Corneda, Orros e Souteliño, probas de poboamentos de fai miles de anos.
Por outra banda, son varias as igrexas parroquiais que completan a oferta cultural que presenta O Irixo: Igrexa de Santo Estevo de Cangués, aas igrexas de San Xoán de Froufe, Santa María do Campo, a parroquial de Reádegos e Santiago de Corneda, todas elas barrocas de considerable riqueza ornamental nas fachadas.
A arquitectura relixiosa está representada tamén no municipio por distintos cruceiros e algún peto de ánimas en Loureiro, que por outra banda, proban a tradición canteira da zona.
A carretera O-202 comunica os 11 kilómetros que separan O Irixo co Carballiño, capital da comarca. Atópase aproximadamente 38 km da cidade de Ourense.