Axudas impacto autónomo

Dende a Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade quedan establecidas as bases reguladoras do programa Impacto Autónomo. Xa están abertas as axudas para minimizar o impacto da suba de custos nos negocios das e dos profesionais autónomos.

O programa está destinado a persoas traballadoras autónomas, microempresas, sociedades de economía social, comunidades de bens ou sociedades civís.

As axudas directas van desde os 800€ aos 1.200€. Están destinadas a minimizar os efectos da suba de custes en materias primas e subministracións, que afectan e condicionan súa actividade económica.

Consulta co teu axente de emprego local se cumpres cos requisitos que figuran na Orde. Deixamos o seguinte email do Concello a disposición para consultas: desenvolvemento@irixo.gal.

O prazo de presentación estará aberto desde o día 9 de xaneiro.

Compartir:

Facebook
Twitter
LinkedIn
MÁS NOTICIAS

MÁS NOTICIAS

Felices 100 anos, Felisa!

Hoxe tivemos o privilexio de acompañar á nosa veciña Felisa González Domínguez no seu 100º aniversario. Felisa é natural do Coto, na parroquia de San

Reunión de traballo coa Deputación

Hoxe a alcaldesa do Concello de O Irixo, Susana Iglesias, reuniuse co presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, para comentar as necesidades do municipio.

Concello de O Irixo - Desarrollado por SOC - Smile & On Fire Comunicación © 2023. Todos os dereitos reservados.