Axudas para explotacións agrícolas e/o gandeiras afectadas polos ataques de especies de fauna silvestre

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda pon en marcha unha liña de axudas a favor das persoas titulares de explotacións agrícolas e/o gandeiras afectadas polos ataques de especies de fauna silvestre (lobo, oso e xabaril), coa finalidade de fomentar a aplicación de medidas de protección.

Con esta orde tratarase de incentivar a adquisición de elementos preventivos dos danos que poidan ocasionar estas especies. O prazo de presentación das solicitudes finaliza o 6 de febreiro.

Podedes consultar o documento ao completo en https://www.xunta.gal/dog/publicados/2023/20230105/AnuncioG0532-131222-0001_gl.html

Tamén podedes solicitar máis información chamando ao noso Concello no 988 28 74 00.

Compartir:

Facebook
Twitter
LinkedIn
MÁS NOTICIAS

MÁS NOTICIAS

Obradoiro de Saúde

O 19 de outubro celébrase o Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama. O Servizo de Atención Primaria de O Carballiño, coa colaboración

Xantar na casa

O programa “Xantar na casa” é un servizo de comida a domicilio que pretende facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade adaptada ás

Feliz Ano 2024

Damos a benvida ao 2024! Brindamos por un novo ano cheo de ledicia, paz e avances para o noso querido Concello de O Irixo. 🥂

Concello de O Irixo - Desarrollado por SOC - Smile & On Fire Comunicación © 2023. Todos os dereitos reservados.