Axudas para corrixir o impacto urbanístico

Axudas de ata 3.000 euros para rematar co “feísmo” urbanístico! Xa está aberto o programa de axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a particulares da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.


¿Que actuacións son subvencionables?

🧱 Revestir e pintar fachadas actualmente rematadas en ladrillo, bloque de formigón, formigón ou morteiro de cemento.
🏡 Finalización, renovación ou revestimento de cubertas.
🏙️ Remate ou renovación de cubertas de uralita para colocar tella cerámica ou loseta en función da comarca.
🔓 Recuperación, restauración ou revestimento de muros de peche.
🟩 Recuperación, restauración ou arranxo de muros de pedra tradicional para evitar a súa perda.

🏘️ ¿A quen vai dirixido?
Poderán ser beneficiarias desta subvención as persoas físicas titulares dun inmoble ou ben sobre o que pretendan realizar algunha das actuacións establecidas no ordinal segundo da resolución.

ℹ️ Prazo de presentación de solicitudes: 1 mes.

Se precisades máis información ou axuda na tramitación podedes pasarvos polo Concello. Estamos para axudar! Estamos para axudar!

Máis información no DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230117/AnuncioG0192-121222-0003_gl.html

Compartir:

Facebook
Twitter
LinkedIn
MÁS NOTICIAS

MÁS NOTICIAS

Reunión de traballo coa Deputación

Hoxe a alcaldesa do Concello de O Irixo, Susana Iglesias, reuniuse co presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, para comentar as necesidades do municipio.

Casa do Maior

A Xunta de Galicia conta con axudas para a creación dunha casa do maior no Concello. Achégate ao concello e infórmate!

Día Mundial do Medioambiente

Hoxe, 5 de xuño, no Día Mundial do Medio Ambiente, queremos facer unha mención especial a dous veciños de O Irixo: Florentino Pérez e Antonio

Concello de O Irixo - Desarrollado por SOC - Smile & On Fire Comunicación © 2023. Todos os dereitos reservados.