Hoxe a alcaldesa do Concello de O Irixo, Susana Iglesias, reuniuse co presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, para comentar as necesidades do municipio.
Grazas ao Plan de Cooperación Provincial o Concello recibirá un orzamento de máis de 200.000 euros anuais para acometer os proxectos pendentes.
A institución provincial tamén colaborará na adquisición dun novo inmoble ao carón da Casa Consistorial para mellorar os servizos e tamén coa Banda de Gaitas de O Irixo, unha das notas entidades culturais máis senlleiras.