O programa “Xantar na casa” é un servizo de comida a domicilio que pretende facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade adaptada ás necesidades de persoas maiores e/ou dependentes, con déficits de autonomía persoal, para cubrir as súas necesidades básicas relacionadas coa compra ou elaboración de menús.
🤝 Articúlase a través da xestión directa por parte do Consorcio en colaboración coa Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e cos concellos asociados.
☎️ 988 28 74 00