ENTRENANDO AS CABECIÑAS

ENTRENANDO AS CABECIÑAS é un programa de talleres de estimulación cognitiva para persoas maiores de 50 anos.

Organizado pola Mancomunidade dos Concellos da Comarca do Carballiño, vense levando a cabo dende o ano 2017 na Casa do Concello de O Irixo, cuadriplicando este ano a participación.

Debido á boa acollida e á importancia que estes talleres teñen para traballar áreas como a linguaxe, a memoria, o cálculo, a atención e as funcións executivas; queremos achegar este tipo de actividades ós núcleos de poboación máis alexados do noso Concello e así facilitar o servizo a tódolos/as nosos/as veciños/as.

Se eres da Parroquia de Parada de Laviote, Froufe, Espiñeira, San Cosme de Cusanca ou do Regueiro e tes máis de 50 anos, anímate a participar!

Con grupos de mínimo 6 persoas poderás desfrutar destes talleres sen saír da túa Parroquia!

Para máis información e/ou inscricións podes pasar pola Casa do Concello ou chamar ó 988287400

Compartir:

Facebook
Twitter
LinkedIn
MÁS NOTICIAS

MÁS NOTICIAS

Feliz Ano 2024

Damos a benvida ao 2024! Brindamos por un novo ano cheo de ledicia, paz e avances para o noso querido Concello de O Irixo. 🥂

Festa de Fin de Ano Infantil

Hoxe celebramos a primeira Festa de Fin de Ano Infantil en O Irixo. Participaron 50 nenos e nenas que desfrutaron da festa con inchables e

Concello de O Irixo - Desarrollado por SOC - Smile & On Fire Comunicación © 2023. Todos os dereitos reservados.