Para mellorar a eficiencia enerxética, e así reducir o consumo final de enerxía e as emisións de CO2, substitúense as actuais luminarias por outras de maior eficiencia e con equipos de regulación e control, nas parroquias de Campo, San Cosmede, Cida e Parada.
Substituiranse 943 luces por outras con tecnoloxía LED e renovaranse 38 cadros de mando e control. Con isto:
- A potencia instalada reducirase de 48,82 kW a 24,60 kW.
- O consumo reducirase ata o 35,14% do actual.
- A factura enerxética reducirase a 33,9 € do valor actual.
Esta actuación enmárcase no programa de axudas a proxectos singulares de iluminación municipal do Fondo Nacional de Eficiencia Enerxética.