Taller “Entrenando as cabeciñas”

Entrenando as cabeciñas

A partir do 11 de setembro chega a O Irixo o programa ENTRENANDO AS CABECIÑAS, organizado pola Mancomunidade de Concellos do Carballiño.

Son talleres de estimulación cognitiva para persoas maiores de 50 anos.

Traballaranse áreas tan importantes como a linguaxe, a memoria, o cálculo, a atención e funcións executivas en sesións de unha hora.

O obxectivo é fomentar o envellecemento activo e saudable, exercitando as capacidades cognitivas e psicomotrices para loitar contra o deterioro vinculado ó avance da idade.

Queres participar?

👉 Anótate a través do correo do concello info@irixo.gal ou no teléfono 988287400

Compartir:

Facebook
Twitter
LinkedIn
MÁS NOTICIAS

MÁS NOTICIAS

Servizo concilia O Irixo

Un ano máis comprácenos poñer en marcha o SERVIZO DE CONCILIACIÓN do colexio Virxe da Pena da Sela de O Irixo. Nesta ocasión comezaremos o

Concello de O Irixo - Desarrollado por SOC - Smile & On Fire Comunicación © 2023. Todos os dereitos reservados.