Servizo concilia O Irixo

Un ano máis comprácenos poñer en marcha o SERVIZO DE CONCILIACIÓN do colexio Virxe da Pena da Sela de O Irixo. Nesta ocasión comezaremos o día 2 de Octubre luns, ofertando os seguintes servizos:

– BOS DÍAS FAMILIA: DE 8.30 h a 9:30 h.

– SERVIZO CORRESPONSABLES EXTRAESCOLARES: DE 16:00 h. a 18:00 h. (venres de 13:15 a 15:15 h)

Pregamos a aqueles nais/pais que precisen do servizo a inscripción no mesmo, facilitando as seguintes formas de inscripción:

– Cubrir o formulario que se adxunta a esta circular e entregalo de novo o titor/titora do alumno/a

– Cubrir o formulario que se adxunta e entregalo nas instalación municipais ou envialo o mail desenvolvemento@irixo.gal

– Acceder a través do noso blog municipal (https://irixo.gal/servizo-concilia-o-irixo/) e cubrir o formulario que nos chegará o mail municipal.

O servizo de atención dos nenos e nenas en período previo e posterior o colexio será de ludoteca (con xogos, contacontos, manualidades …)

Este ano contaremos novamente con clases de kickboxing, os interesados por favor manifestadeo na solicitude, para valorar si reunimos grupo suficiente e comezar no mes de Novembro.

Estamos a vosa disposición para resolver calquera dúbida no teléfono 988287400 ou no mail desenvolvemento@irixo.gal

Agradecemos de antemán a vosa colaboración.

Formulario de inscrición
DATOS DA NAI/PAI/TITOR
DATOS DO NENO/NENA


Mediante a presente solicito a participación na actividade:


Marque cun X no caso de dar consentimento para tratamento e captación de imaxe

Compartir:

Facebook
Twitter
LinkedIn
MÁS NOTICIAS

MÁS NOTICIAS

O Irixo pola igualdade

Baixo o lema “O IRIXO POLA IGUALDADE” queremos levar a cabo durante todo o ano actividades de empoderamento, igualdade e participación das mulleres na sociedade.

Obradoiro de Saúde

O 19 de outubro celébrase o Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama. O Servizo de Atención Primaria de O Carballiño, coa colaboración

Concello de O Irixo - Desarrollado por SOC - Smile & On Fire Comunicación © 2023. Todos os dereitos reservados.