Hoxe fixemos unha homenaxe ao deportista Roi Freixedo no salón de plenos municipal.
Roi consolidou a súa carreira deportiva cunha medalla de bronce no campionato de España que se celebrou en novembro e conta cun amplo palmarés, entre outros, como Campión Galego de Aire Comprimido e Xóvenes Promesas por equipos.
A corporación municipal desexa agradecer o compromiso de Roi e a súa familia levando o nome de O Irixo polos campionatos deportivos nacionais e apoialo na súa carreira recoñecendo a súa labor e agasallando ao deportista con material deportivo.
Parabéns Roi e por moitos máis éxitos!