Hoxe tivemos o privilexio de acompañar á nosa veciña Clarisa Pérez Dobarro e á súa familia no seu 100º aniversario.
Clarisa é natural de Irixe, na parroquia do Campo. Casou ós 17 anos con Florentino e emigrou a Alemaña onde estivo traballando nunha fábrica.
Clarisa vive nunha familia de 5 xeracións, chegando a ser tataravoa. As persoas que a coñecen ben descríbena como un muller amable e moi familiar.
Parabéns, Clarisa, polo século de vida! 👏