Hoxe, 19 de outubro, é o Día Internacional da loita contra o Cancro de mama.
No Concello tivemos o pracer de contar con dúas poñentes con moito que ensinarnos sobre o tema:
Unha profesional, Laura, matrona do servizo de atención primaria de O Carballiño. Ensinounos cómo facer a autoexploración para detectar a tempo esta doenza, así como outros conceptos importantes e novidades sobre os cribados.
Tamén contamos con Ana, que o está vivindo en primeira persoa. Contounos a súa experiencia na loita contra o cancro de mama e trasmitiunos a súa positividade, así como a importancia de acudir a tempo ás revisións médicas.
Grazas ás dúas por colaborar con nós nunha causa tan importante!
E grazas a tódalas persoas que se achegaron ó Concello a pesar do mal tempo.
Ata a fonte do Concello tinguiuse de rosa en apoio á causa, porque esta loita é de todas e todos!