Día Internacional da loita contra o Cancro de mama

Hoxe, 19 de outubro, é o Día Internacional da loita contra o Cancro de mama. 

No Concello tivemos o pracer de contar con dúas poñentes con moito que ensinarnos sobre o tema:

Unha profesional, Laura, matrona do servizo de atención primaria de O Carballiño. Ensinounos cómo facer a autoexploración para detectar a tempo esta doenza, así como outros conceptos importantes e novidades sobre os cribados. 

Tamén contamos con Ana, que o está vivindo en primeira persoa. Contounos a súa experiencia na loita contra o cancro de mama e trasmitiunos a súa positividade, así como a importancia de acudir a tempo ás revisións médicas.

Grazas ás dúas por colaborar con nós nunha causa tan importante!

E grazas a tódalas persoas que se achegaron ó Concello a pesar do mal tempo.

Ata a fonte do Concello tinguiuse de rosa en apoio á causa, porque esta loita é de todas e todos!

Compartir:

Facebook
Twitter
LinkedIn
MÁS NOTICIAS

MÁS NOTICIAS

ENTRENANDO AS CABECIÑAS

ENTRENANDO AS CABECIÑAS é un programa de talleres de estimulación cognitiva para persoas maiores de 50 anos. Organizado pola Mancomunidade dos Concellos da Comarca do

Feliz Ano 2024

Damos a benvida ao 2024! Brindamos por un novo ano cheo de ledicia, paz e avances para o noso querido Concello de O Irixo. 🥂

Concello de O Irixo - Desarrollado por SOC - Smile & On Fire Comunicación © 2023. Todos os dereitos reservados.