Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero

Programa de Promoción da Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero

Os concellos de San Amaro e O Irixo, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, puxeron en marcha nesta anualidade o proxecto denominado Programa de Promoción da Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero, actividades subvencionas pola Unión Europea no marco das axudas para as entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) no marco do Programa FSE + Galicia 2021 – 2027.

Realizáronse varias actividades deportivas, así como, formación en defensa persoal, incorporando unha perspectiva de xénero, e incidindo en todas elas en aspectos de igualdade, con un énfases especial no relativo a tarefas e responsabilidades do fogar, coidados infantís e xeriátricos, etc. fomentando a corresponsabilidade.

Dentro destas actividades deportivas, impartíronse dúas formacións en cada un dos concellos en forma de charlas-debate realizados por a Traballadora social da Mancomunidade de Concellos de Carballiño, versando sobre estereotipos de xénero e “a transversalidade de xénero”, seguindo o manual do instituto da muller, tendo como finalidade central achegar e facer accesible a perspectiva de xénero dun modo xeral, introducindo os conceptos básicos que se deben utilizar, os elementos cos que iniciar unha análise de xénero e os principais efectos socio-económicos da discriminación, e a metodoloxía básica de aplicación da perspectiva de xénero: a igualdade como obxectivo, a análise de xénero e a transversalidade de xénero.

Os obxetivos perseguidos e acadados foron:

– fomento da corresponsabilidade

– prevención de edaismo e da soidade

– creación de entorno seguro e de crecemento persoal

– fomento da vida activa

Compartir:

Facebook
Twitter
LinkedIn
MÁS NOTICIAS

MÁS NOTICIAS

Eleccións ao Parlamento Europeo

📨 As eleccións ó Parlamento Europeo están cada vez máis preto e, por este motivo, a Alcaldesa de O Irixo, Susana María Iglesias Nogueira, quixo

O Irixo Gaming

O Irixo Gaming

Chega ao Irixo o Torneo de EA Sports FIFA 2023. Trátase dunha Trátase dunha competición de videoxogos estruturada a través de xogadores, equipos e ligas

Concello de O Irixo - Desarrollado por SOC - Smile & On Fire Comunicación © 2023. Todos os dereitos reservados.