O pasado xoves, a nosa alcaldesa, Susana Iglesias Nogueira, asistiu á firma do protocolo de acceso prioritario a enfermos intestinais aos edificios públicos, en representación do Concello de O Irixo. 🩺
91 concellos ourensanos de menos de 20.000 habitantes firmaron dito acordo coa Asociación de Crohn e Colite Ucerosa (ACCU). Deste modo, Ourense convírtese na primeira provincia que conta cun protocolo destas características para o colectivo.
Foi toda unha honra formar parte desta iniciativa!