O Irixo rehabilitará a igrexa de Espiñeira para erradicar as humedades

O teito gotea auga que deteriora esta construcción do século XVIII.
O alcalde de O Irixo, Manuel Cerdeira, confirma que nos vindeiros días comenzarán as obras para repoñer a cuberta da igrexa de San Pedro de Espiñeira. Un acordo involucra ao Concello, á Asociación de Veciños e ao Obispado na execución deste urxente proxecto para evitar que continúe o deterioro no interior do edificio, provocado polas filtracións de auga.

A inversión prevista ronda os 75.000 euros e o alcalde de O Irixo, Manuel Cerdeira, tamén recoñece que máis adiante haberá que acometer reformas no interior para solventar os desperfectos provocados plas filtracións e a humidade, que afectaron ás estructuras de madeira e tamén ás paredes. e outros elementos que precisan encalado e pintura.

O presuposto é financiado a partes iguais polos veciños, o Concello e o Obispado, aportando cada un 33.000 euros.

O Concello xa conta coa autorización de Patrimonio e esperou a finais de agosto para comezar as obras trala celebración das festas patronair de San Pedro para poder empregar a igrexa para os oficios relixiosos nesas datas.

Historia

A igrexa parroquial de San Pedro de Espiñeira data do século XVIII. Consta dunha nave dun só corpo e dunha capela maior á que se accede a través dun arco de medio punto.

Compartir:

Facebook
Twitter
LinkedIn
MÁS NOTICIAS

MÁS NOTICIAS

Servizo concilia O Irixo

Un ano máis comprácenos poñer en marcha o SERVIZO DE CONCILIACIÓN do colexio Virxe da Pena da Sela de O Irixo. Nesta ocasión comezaremos o

Entroido O Irixo

Entroido en O Irixo

Xa non falta nada para o Entroido‼ Esperámosvos a todos o sábado 18 de febreiro a partir das 17:00h no Pavillón Municipal. Haberá desfile de

Concello de O Irixo - Desarrollado por SOC - Smile & On Fire Comunicación © 2023. Todos os dereitos reservados.