Obradoiro de Saúde

O 19 de outubro celébrase o Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama.

O Servizo de Atención Primaria de O Carballiño, coa colaboración do Concello de O Irixo, organizan un obradoiro de “Detección precoz do Cancro de mama: A importancia do cribado e da autoexploración”.

Impartirao Laura Vila, matrona do servizo de atención primaria do Carballiño, na Casa do Concello do Irixo o xoves 19 de outubro de 12:00h a 13:00h.

Detectalo a tempo é prioritario. Para iso é moi importante acudir ós cribados e saber como realizar a autoexploración. Ademáis, uns hábitos de vida saudables contribúen á súa prevención.

Neste obradoiro aprenderás a:

– Realizar correctamente a autoexploración mamaria.

– Identificar e coñecer a apariencia e a palpación normal.

– Cales son os signos ou síntomas de alerta.

– A importancia do cribado poboacional.

Porque a saúde é o máis importante, esperámoste!

Compartir:

Facebook
Twitter
LinkedIn
MÁS NOTICIAS

MÁS NOTICIAS

Cursos de formación OURENSE

Dispoñibles cursos de formación en Ourense! 🔺 Atención socio-sanitaria a persoas no domicilio 🔺 Dirección e coordinación de actividades de tempo libre educativo infantil e

Concello de O Irixo - Desarrollado por SOC - Smile & On Fire Comunicación © 2023. Todos os dereitos reservados.