Hoxe estivemos na III Xornada “A saúde en todas as políticas. Tecendo Redes Saudables no Ámbito Comunitario”, organizada pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Sanidade e da Secretaría Xeral para o Deporte, e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP).
Dende o Concello de O Irixo queremos avanzar na promoción da saúde e a prevención de enfermidades mediante a acción comunitaria.
Co compartido nesta Xornada, estamos un pasiño máis preto de conseguilo.
Grazas á Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) por convidarnos!


