Os concellos de San Amaro e O Irixo, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, levaron a cabo este o “Programa de Promoción da Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero”.
Este proxecto inclúe unha serie de actividades subvencionadas pola Unión Europea no marco das axudas para entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) dentro do Programa FSE + Galicia 2021–2027.
As actividades desenvolvidas incluíron unha ampla variedade de propostas que buscaron non só fomentar a igualdade, senón tamén previr a violencia de xénero a través de accións educativas e culturais.
Entre estas actividades destacaron as seguintes:
• Actividades deportivas en ambos concellos: estas actividades promoveron o traballo en equipo e o respecto mutuo, valores fundamentais para construír relacións igualitarias e saudables.
• Escola de autocoidados: estructurada en varios módulos, esta escola centrouse en fomentar a igualdade a través do autocoidado e a autoestima, especialmente entre mulleres de distintas idades. Os módulos abordaron temas como a xestión emocional, o empoderamento persoal, e a prevención de actitudes de dependencia emocional, contribuíndo a aumentar a confianza e a seguridade persoal das participantes.
• Teatros e talleres de xogos pola igualdade: mediante obradoiros de teatro e xogos educativos, fomentouse a empatía e o respecto polas diferenzas, promovendo a igualdade de xénero desde idades temperás e involucrando tamén ás familias e ao entorno educativo.
Con estas actividades, conseguiuse sensibilizar á poboación en torno á importancia da igualdade de xénero, fortalecer o papel activo das mulleres na comunidade e ofrecer ferramentas para identificar e previr situacións de violencia de xénero. O programa non só acadou unha elevada participación cidadá, senón que tamén xerou espazos de reflexión e debate, facilitando un cambio de mentalidade que favorece unha sociedade máis xusta e igualitaria.