Renovación do alumeado público

Para mellorar a eficiencia enerxética, e así reducir o consumo final de enerxía e as emisións de CO2, substitúense as actuais luminarias por outras de maior eficiencia e con equipos de regulación e control, nas parroquias de Campo, San Cosmede, Cida e Parada.

Substituiranse 943 luces por outras con tecnoloxía LED e renovaranse 38 cadros de mando e control. Con isto:

  • A potencia instalada reducirase de 48,82 kW a 24,60 kW.
  • O consumo reducirase ata o 35,14% do actual.
  • A factura enerxética reducirase a 33,9 € do valor actual.

Esta actuación enmárcase no programa de axudas a proxectos singulares de iluminación municipal do Fondo Nacional de Eficiencia Enerxética.

Compartir:

Facebook
Twitter
LinkedIn
MÁS NOTICIAS

MÁS NOTICIAS

Renovación do alumeado público

Para mellorar a eficiencia enerxética, e así reducir o consumo final de enerxía e as emisións de CO2, substitúense as actuais luminarias por outras de

Entroido das nenas e nenos

Así de ben celebramos esta fin de semana o Entroido das nenas e nenos na Insua dos Poetas! Nin o mal tempo puido frear as

Concello de O Irixo - Desarrollado por SOC - Smile & On Fire Comunicación © 2023. Todos os dereitos reservados.