O programa “Coidados porta a porta” impulsado pola Xunta de Galicia volve este mes de xaneiro a O Irixo.
A unidade permanecerá na Praza do Concello e ofrecerá servizo ás persoas maiores de 55 anos os días 19, 20 e 23 de xaneiro en horario de 9:00 a 20:00 horas.
Trátase dunha iniciativa destinada a previr a dependencia das persoas maiores do rural. Ofrece servizos de atención gratuíta para estimulación da memoria, podoloxía e audioloxía.
Queres acceder a este servizo?
👉 Podes solicitar unha cita ou solicitar información en:
☎ 𝟔𝟐𝟐 𝟕𝟒𝟖 𝟐𝟖𝟑 // 𝟲𝟮𝟯 𝟱𝟰𝟲 𝟵𝟵𝟮
📧 𝐜𝐨𝐢𝐝𝐚𝐝𝐨𝐬𝐩𝐨𝐫𝐭𝐚𝐚𝐩𝐨𝐫𝐭𝐚.𝐩𝐨𝐥𝐢𝐭𝐢𝐜𝐚𝐬𝐨𝐜𝐢𝐚𝐥@𝐱𝐮𝐧𝐭𝐚.𝐠𝐚𝐥.
Non perdas esta oportunidade de mellorar a túa saúde!