A alcaldesa de O Irixo, Susana María Iglesias Nogueira, fixo entrega da bandeira de Galicia co escudo de O Irixo a Antía López Civeira , unha das tres ourensás que este ano recibiron unha beca da Fundación Amancio Ortega.
Este Programa ten por obxectivo apoiar a estudantes de 4º da ESO para estudar 1º de Bacharelato en Canadá ou Estados Unidos.
Antía ten 15 anos, naceu en Loureiro (O Irixo) e cursou 4° da ESO no IES N°1 de O Carballiño acadando matrícula de honra en secundaria. Quere ser enxeñeira aeroespacial, encántalle ler, debuxar e pasar tempo en Loureiro escoitando as historias dos seus bisavós.
Neste mes de agosto, partirá para Tampa, Florida, onde convivirá cunha familia e levará a cabo a súa formación nun centro educativo local durante 10 meses.
Noraboa, Antía, desfruta moito desta inolvidable experiencia!