Comunicado de rexeitamento á guerra na Faixa de Gaza

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade comparte o comunicado subscrito pola Confederación de Fondos de Cooperación y Solidaridad ante a guerra na Faixa de Gaza, condenando a violencia infrinxida contra a poboación civil e esixindo o cumprimento do dereito internacional humanitario e a protección dos dereitos humanos.

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade condena a violencia xerada pola ofensiva de Hamás contra Israel do pasado 7 de outubro e a declaración de guerra de Israel contra a Faixa de Gaza, que está a causar miles de mortes e feridos, especialmente entre a poboación civil, e unha catástrofe humanitaria de gran tamaño que aumenta cada hora que pasa.

Os ataques sen precedentes de Hamás, que colleron aos servizos de intelixencia israelís por sorpresa, con lanzamentos de miles de foguetes e coa infiltración de milicianos no sur de Israel, e a posterior resposta do Goberno israelí de declarar a guerra, chamar á mobilización de reservistas do exército, bombardear a grande escala a Faixa de Gaza e ameazar co bloqueo de alimentos, auga e electricidade fan prever un agravamento desta crise humanitaria que leva décadas sostendo o pobo palestino.

Ante esta situación, desde o Fondo Galego condenamos toda a violencia infrinxida contra a poboación civil e sumámonos á chamada de Nacións Unidas e das organizacións internacionais humanitarias que esixen o cumprimento do dereito internacional humanitario, a protección dos dereitos humanos por parte de ambas as partes enfrontadas e o cesamento das hostilidades. Neste sentido, sumámonos á declaración do secretario xeral de Nacións Unidas, pois só unha paz negociada que satisfaga as aspiracións nacionais lexítimas de palestinos e israelís por igual pode levar estabilidade a longo prazo.

Por último, como entidade municipalista cremos que os gobernos locais deben asumir un rol importante no ámbito das relacións internacionais e a cooperación para converterse en actores de paz, e facer da diplomacia de cidades unha ferramenta útil para facer fronte aos conflitos como o de Oriente Próximo.

Enlace á noticia: https://fondogalego.gal/comunicado-ante-a-guerra-en-gaza

Compartir:

Facebook
Twitter
LinkedIn
MÁS NOTICIAS

MÁS NOTICIAS

Bono das persoas autónomas

Subvención do 60% da actividade, cun límite máximo de 7.000 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables, sendo o resto do gasto a cargo

Servizo concilia O Irixo

Un ano máis comprácenos poñer en marcha o SERVIZO DE CONCILIACIÓN do colexio Virxe da Pena da Sela de O Irixo. Nesta ocasión comezaremos o

Eleccións ao Parlamento Europeo

📨 As eleccións ó Parlamento Europeo están cada vez máis preto e, por este motivo, a Alcaldesa de O Irixo, Susana María Iglesias Nogueira, quixo

Concello de O Irixo - Desarrollado por SOC - Smile & On Fire Comunicación © 2023. Todos os dereitos reservados.