Baixo o lema “O IRIXO POLA IGUALDADE” queremos levar a cabo durante todo o ano actividades de empoderamento, igualdade e participación das mulleres na sociedade.
Hoxe tivemos na Casa do Concello a visita dos nenos e nenas do CEIP Virxe da Pena da Sela. Presentáronnos o seu traballo arredor do 8M, unha exposición sobre as mulleres máis relevantes, a cal quedará durante un tempo no Salón de Plenos da Casa do Concello. Grazas aos pequenos e aos profes pola súa implicación.
De 10h a 12h tivemos o obradoiro “Decora a túa botella”, onde 10 mulleres amosaron as súas dotes artísticas mentres reflexionaron sobre a igualdade de oportunidades e os estereotipos de xénero na sociedade actual. Grazas ás participantes e ás educadoras sociais da Asociación APES.
Tamén compartimos esta xornada coas mulleres traballadoras do Obradoiro de Emprego “Arrieiros IV” que tanto traballo levan feito no noso Concello. Grazas a todas!
O 8 de marzo non é un día para celebrar, senón para recordar a loita de moitas mulleres ao longo da historia, para reflexionar e para actuar.
💪 Porque XUNTAS somos máis fortes!