Dende a Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade quedan establecidas as bases reguladoras do programa Impacto Autónomo. Xa están abertas as axudas para minimizar o impacto da suba de custos nos negocios das e dos profesionais autónomos.
O programa está destinado a persoas traballadoras autónomas, microempresas, sociedades de economía social, comunidades de bens ou sociedades civís.
As axudas directas van desde os 800€ aos 1.200€. Están destinadas a minimizar os efectos da suba de custes en materias primas e subministracións, que afectan e condicionan súa actividade económica.
Consulta co teu axente de emprego local se cumpres cos requisitos que figuran na Orde. Deixamos o seguinte email do Concello a disposición para consultas: desenvolvemento@irixo.gal.
O prazo de presentación estará aberto desde o día 9 de xaneiro.