A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda pon en marcha unha liña de axudas a favor das persoas titulares de explotacións agrícolas e/o gandeiras afectadas polos ataques de especies de fauna silvestre (lobo, oso e xabaril), coa finalidade de fomentar a aplicación de medidas de protección.
Con esta orde tratarase de incentivar a adquisición de elementos preventivos dos danos que poidan ocasionar estas especies. O prazo de presentación das solicitudes finaliza o 6 de febreiro.
Podedes consultar o documento ao completo en https://www.xunta.gal/dog/publicados/2023/20230105/AnuncioG0532-131222-0001_gl.html
Tamén podedes solicitar máis información chamando ao noso Concello no 988 28 74 00.